Tuesday 17 de September de 2024

Ribeira avanza na eficiencia enerxética coa suma de paneis solares en tres novas dependencias municipais


O Concello de Ribeira investirá 263.226€ a instalación de paneis fotovoltaicos para o Complexo Deportivo da Fieiteira, o novo auditorio e as instalacións da Unidade de Condutas Aditivas (UCA) no marco dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado por la Unión Europea-Next Genaration EU.

Estas tres instalacións, xunto co Mercado Municipal, terán paneis fotovoltaicos o que supón xerar un aforro económico e avanzar na eficiencia enerxética así como reducir as emisións de carbono. “Con actuacións como estas estamos poñendo o noso gran de area para termos un concello máis sostible, que loite contra o cambio climático ao reducir as emisións e tamén se conseguen aforros económicos a longo prazo” argumentou o alcalde, Luís Pérez Barral.

As instalacións foron adxudicadas á empresa “Cobra Instalaciones y Servicios S.A.U.” por un importe de 263.226€ dos cales 118.867€ se corresponden coa instalación da Fiteira, 119.543€ para o novo auditorio e 24.816€ para a UAD.